O PRAZO DE INSCRICIÓN AO CAMPIONATO REMATARÁ O MARTES DÍA 15 

O sábado 19 de outubro celebrarase no rocódromo do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o “Campionato Galego de Dificultade 2019″.

As inscricións ao campionato xa están abertas nesta páxina web na área de competicións. A cota de inscrición ao campionato é de 14 € e debe enviarse ao correo electrónico indicado na inscrición. Para este campionato haberá dúas categorías, “senior e sub-18” masculina e feminina.

As clasificatorias comezarán o sábado 19 de outubre as 10 da mañá, pero no caso de que o número de participantes sexa superior ao previsto, comezaremos as nove para que o campionato sexa fluído. No caso de producirse o cambio de hora, informarase a todos e todas as participantes ao seu correo electrónico. As finais comezarán as 18 horas da tarde. Unha vez finalizadas e publicadas as clasificacións, farase a entrega dos premios e proclamacións de campioas e campións de Galicia.

A participación está aberta a todos e todas deportistas con licencia federativa Autonómica Galega ou FEDME.

O campionato inaugurará o novo rocódromo de Galicia capaz de acoller probas de formato olímpico. As rutas de dificultade para o campionato poderán chegar ata os vinte metros de percorrido e cun desnivel de quince metros.

Animamos a todas e todos os escaladores a participar nesta competición que abre as portas ao emprego dunha instalación cuns estandars que ata agora non podíamos gozar.

Na construción desta nova instalación deportiva colaboran a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Lugo, a todas estas institucións agradecémoslle poder ter o primeiro rocódromo que permitirá aos galegos e galegas adestrar coa vista posta nos Xogos Olímpicos.

 

Incluimos algunhas imaxes da construción do rocódromo que está a piques de comezar a funcionar

Estrutura do muro de dificultade en construción.                                                                          Muro de bloque xa finalizado.

 

Estrutura que soportará o muro de dificultade. Apréciase o desplome.

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.