
O campionato está próximo, e hoxe, aportamos algunhas novas sobre o mesmo.
Lembrar que o rocódromo está construido no interior do Pazo de Feiras da cidade de Lugo.
A categoría sub-18: deportistas nacidos no ano 2003 ou 2002
O venres día 18, a xornada anterior ao campionato, o rocódromo estará de portas abertas a todos dende as 12,30 horas da mañá.
O sábado 19, desenvolverase a competición durante toda a xornada que comezará as 10 horas. Durante a mañá, as clasificatorias, onde os participantes enfrontaranse a unha vía ao “flash”. Pola tarde, terán lugar as finais, onde os participantes enfrontaranse a unha vía “a vista”. Unha vez rematadas as finais, farase a entrega de premios.
O domingo día 20, o rocódromo estará de portas abertas a todos durante toda a xornada que rematará as 21,00 horas.