Onte celebrouse o campionato na sede de Expourense no eido da feira dos deportes Sportur 2019. Grazas á organización de Sportur, puidemos dispoñer de espazo e infraestrutura para desenvolver o campionato. Salientar a colaboración de clubs de montaña da FGM no campionato aportando material ou axudando nas xestións, Club Montañeiros Celtas, Grupo de Montaña Alud e Asociación de Escaladores Ourensans (ASESOU).

A participación ao campionato foi numerosa, sesente e tres inscritos nas dúas categorías con representación de escaladores e escaladoras, absoluta e sub – 16. Unha equilibrada participación masculina e feminina, representando a dez clubs diferentes vidos de toda Galicia.

Os pasos do campionato foron equipados por lo equipo formado por Iván Rouco, equipador oficial, Joel Rodríguez e José Juan Domínguez. Foron pasos vistosos e buscando as tendencias actuais desta especialidade de escalada. Movementos dinámicos e algún que outro volumen que obloigou aos competidores e competidoras a interpretar a secuencia axeitada.

Comezou o campionato as 9,30 da mañá coas clasificatorias da categoría sub – 16. Todas as clasificatoria se desenvolveron con dinamismo e unha rotación de escaladores e escaladoras moi fluida, froito do formato, rotación á “americana”, pasando a final seis escaladores e escaladoras por categoría. As finais celebraronse pola tarde coa aplicación de formato “a vista”. O resumo das finais en todas as categorías e xénero é bo nivel de escalada e entrega de todos e todas as competidoras, dando un gran espectáculo deportivo e amosando que día a día o nivel da escalada competitiva en Galicia está a medrar.

Lástima que só poden figurar no podio tres escaladoras e escaladores, pois pola entrega vista na final e clasificatorias, todos e todas foron merecedoras de figurar no podio. Dende eiquí parabéns a todos e todas, aos delegados de clubs e adestradores, sen esquecer pais e nais dos xoves.

Resultado do campionato

Categoría Sub – 16 Masculina

  1. Xavier Carballo Varela (Club AROMON Pontevedra)
  2. Martí Pérez Tur (AMI)
  3. Xoel García Maestu (Club de Montaña Coruña)

Categoría Sub – 16 Feminina

  1. Estela Miles González (Trevinca Montañeros de Galicia)
  2. Aitana Rodríguez Cerezo (Club Montañeiros Celtas)
  3. Mara Rodríguez Méndez (Club Montañeiros Celtas)

Categoría Absoluta Masculina

  1. Adrián Álvarez Varela (Indoorclub de Escalada)
  2. Fausto Blanco Pérez (AMI)
  3. Alberto Rodríguez Costa (Club Montañeiros Celtas)

Categoría Absoluta Feminina

  1. Araceli Vale Fernández (Trevinca Montañeiros de Galicia)
  2. Lucia Sousa Rodríguez (ASESOU)
  3. Sabela Córdoba Torrecilla (AROMON Pontevedra)

Deixamos eiquí unhas cantas imaxes do campionato

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.