
Unha vez máis, gran actuación dos nosos deportistas desprazados esta fin de semana 24-25 de abril ao Campionato Madrileño de Bloque celebrado nas instalacións do Indoorwall de Torrejón de Ardoz (Madrid) e acadando meritorios postos na categoría Sub16 e unha moi boa actuación no conxunto dos seus representantes.
Destacar que este tipo de competicións resultan sen dúbida de gran interese para os nosos deportistas integrados no Programa de Tecnificación de Escalada da FGM, co fin de preparar a pretempada de cara as próximas citas estatais.
Os resultados acadados na Categoría Sub16 foron os seguintes:
- Natalia Vale 4° posto
- Xián Peláez 9° posto
- Xavier Carballo 1° posto e CAMPIÓN da proba.
Podes ver a clasificación e máis fotos premendo aquí:
https://www.fmm.es/actividades/escalada/noticias-actividades-escalada/nuevos-campeones-madrilenos-de-escalada-en-bloque.html
A nosa noraboa a todxs eles!
Grazas unha vez máis a todo o equipo da @fmm polo voso traballo e por facernos sentir coma na casa.