O pasado 8 de marzo celebrouse o Campionato Xunta de Galicia de carreiras por montaña en liña no Trail do Nocedo.

Na distancia raíña da proba, o corredor de categoría promesa Martín Barreiro cruzou a meta en primeiro lugar, seguido de Anxo Cid, corredor de categoría absoluta.

A entrega de premios fíxose dacordo co regulamento vixente, otorgando a Anxo o campionato absoluto e a Martín o da categoría promesa.

Sen embargo, desde a Federación queremos recoñecer os éxitos de todos os corredores e implementar as mellores prácticas que o noso sistema nos permita; de tal xeito, tras a última reunión da comisión delegada, foron adoptadas as seguintes medidas:

•⁠ ⁠Nomeamento de forma excepcional na edición 2026 do Campionato galego Xunta de Galicia CxM gañadores ex aequo Martín Barreiro e Anxo Cid.
•⁠ ⁠Modificación do regulamento avalada pola FEDME, conforme en canto concurran igual distancia e desnivel en probas do noso calendario, a categoría promesa pasará a ser unha subcategoría da categoría absoluta.

Con estas modificacións no noso regulamento apostamos por unha competición máis xusta e equitativa, fomentando a participación da xente máis nova.

Noraboa aos gañadores.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade