A segunda proba da Copa Xunta de Galicia de Marcha Nórdica, prevista en Culleredo, no Paseo de O Burgo, queda cancelada debido ás obras que se están a executar no circuíto.

A previsión é que os traballos non estean rematados a tempo para garantir o correcto desenvolvemento da proba, polo que, por motivos de seguridade e para asegurar as condicións axeitadas para deportistas e organización, decidiuse proceder á súa cancelación.

Deste xeito, a segunda proba da Copa será a que se celebrará en Manzaneda.

Pola súa banda, a organización xa está a traballar na procura dunha alternativa para a terceira proba, da que se informará oportunamente tan pronto como quede definida.

Desde a organización agradecemos a comprensión de deportistas, clubs e afeccionados ante esta decisión e lamentamos as molestias que poida ocasionar.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade