O noso Vogal de Escalada, Fausto Blanco no seu nome particular e o da Federación Galega de Montañismo agradece o servizo prestado por José Juan Domínguez como Director de Tecnificación e Seleccionador de escalada da FGM e que acaba de presentar a súa dimisión irrevocable.
Reproducimos íntegramente a carta:
Bos días,
Ante o comunicado feito por D. José Juan Domínguez dimitindo dos séus cargos de xeito irrevocable, quero expresar públicamente o seguinte:
Antes de nada, non podo valorar os motivos persoais, tendo así o meu respeto. Intentei dar autonómia as súas decisións porque sempre pareceronme razoadas.
Agradezco o séu traballo como vogal de escalada, pola responsabilidade e transparencia, e súa colaboración. Nunca tiven que repetir un encargo ou esperar por un cometido. Sempre xustificou as decisións e gastos antes de que eu tivese que preguntar por eles.
A forma de asumir súas funcions foi responsable, colaboradora e construtiva. A nivel deportivo os éxitos falan por se mesmos.
A comparativa con outras seleccións autonómicas nos sería xusta se non se fai en termos de comparar tamén os medios. Noso seleccionador non está asalariado e cobrou estos anos polas xornadas de traballo. Nosa selección ten escasos recursos, moi lonxe de outras federacións, isto debe terse en conta cando se fala delas.
Como pai dun deportista, agradezco a responsabilidade amosada nas saídas cos rapaces. Nunca tiven queixa do seu facer e do seu comportamento. Nosa selección é coñecida, respetada e querida por outros competidores. Tiven sempre a confianza de poder deixar ao meu fillo nas mans do seleccionador.
Recibe una aperta, e meu agradecemento.
Fausto Blanco
Vogal de Escalada da FGM