
No pabillón municipal de Riazor, A Coruña, o sábado día 7 de marzo, levouse a cabo a II proba da Copa Galega de Escalada de Base 2020.
Houbo unha moi boa participación. Cento quince participantes vidos de nove clubs.
A proba desenvolveuse no rocódromo municipal de Riazor – Concello da A Coruña, coa colaboración da Agrupación de Montañeiros Independientes (AMI) que aportou xestións para o uso do rocódromo, aseguradores e apoio loxístico.
Esta proba contou coa subvención da Deputación da Coruña.
Agradecemos aos pais, nais e clubs o esforzo e participación, e especialmente aos nenos e nenas que participaron nesta segunda proba, os futuros escaladores galegos.