
Tal e como estaba previsto, onte desenvolveuse o II Campionato Galego de Dificultade 2020 na categoría absoluta masculina e feminina no rocódromo do Pazo de Feiras de Lugo. A participación foi discreta a conscecuencia da etapa histórica que estamos a vivir a consecuencia da COVID, pero pese a esto, todos e todas as participantes amosaron unha grande motivación para estar presente no campionato, e amosar unha entrega total durante a escalada das vías montadas para o campionato.
As vías do campionato foron deseñadas e montadas por José Luis Palao, equipador nacional y con unha grande experiencia contrastada en campionatos e copas de España.
Os deseños se caracterizaron por unha moi boa estética e demandaban tanto habilidades técnicas como boa condición física. Todos e todas as competidoras enfrontáronse a dúas vías de clasificación escaladas ao “flash” e unha vía de final escalada a “vista”.
Proclamaronse capioa e campión do Campionato 2020:
- Araceli Vale Fernández do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia (Vigo)
- Adriá Álvarez Varela do Indoor Club (Santiago de Compostela)
Parabens para ela e él e para todos os demáis competidoras e competidores. Grazas polo esforzo e a ilusión amosada onte.
Clasificacións:
CLASIFICACIÓN_FINAL_MASCULINA_DIF2020
CLASIFICACIÓN_FINAL_FEMININA_DIF2020