CELEBROUSE POR PRIMEIRA VEZ O CAMPAMENTO INFANTIL DE MONTAÑISMO INVERNAL

Nenos e nenas de 10 a 14 anos de toda Galicia, achegáronse aos Ancares para aprender a moverse con seguridade e eficiencia na montaña invernal da man da Escola Galega de Alta Montaña.

A idea era que xunto á lóxica diversión e convivencia, as persoas participantes comezaran a súa formación técnica para ser montañeiros e montañeiras seguros e respetuosos co medio ambiente, e comezar a súa carreira deportiva nos nosos deportes dun xeito lóxico e técnico.

A idea é que todos os nosos menores teñan a oportunidade de aprender cun proceso axeitado o que supón ser montañeiro/a xa fora no Campamento de Montañismo Estival (con escalada, barranquismo, orientación, campamento,…) como neste invernal con (raquetas, piolets,…)

O resultado foi moi positivo cualitativamente ainda que a baixa participación nesta primeira edición fai que reiteremos dende a Federación Galega de Montañismo a necesidade de traballar a base dun xeito serio, progresivo, con continuidade e calidade.

En total participaron nenos e nenas dos Clubs Atletas Veteranos de Ourense, AROMON Pontevedra, Alud, Pena Trevinca Montañeiros de Galicia, xunto aos técnicos da EGAM Katya Sanz (coordinadora) e Manolo Beloso.