A Federación Galega de Montañismo informa aos clubs galegos de montañismo que está aberto o prazo, ata o día 30 de novembro de 2023, para solicitar a inclusión de probas de Marcha Nórdica no calendario oficial co obxecto de formar parte da Copa Galega ou Campionatos 2024. O calendario máximo prevista constará de 4 probas de Copa e dous campeonatos, un individual e outro por equipos. No cas de non haber probas suficientes poderanse xuntar nun mismo evento varias das probas ( Campionato + Copa, ….) no caso de que non existisen propostas suficientes a propia federación poderá organizar algunha proba.

O anexo I desta circular deberá remitirse cuberto ao correo secretaria@fedgalmon.gal, así como un arquivo co track do circuito proposto no caso de ser novo ou modificar o xa existente. No caso de non dispor de track mapa co percorrido proposto.  Valorarase a aportación dun pequeno dossier da proposta de proba.

No caso de estar interesado e ser a primeira vez que se organice unha proba de MN poderase contactar coa Vogalía de Marcha Nórdica que prestará a súa colaboración da proposta de proba.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade