
Pódese baixar a clasificación da III Proba da Copa Galega de Escalada Base desenvolta no Pavillón Municipal dos Remedios, Ourense, o sábado día 15 de xuño.
Nesta ocasión hai que felicitar a colaboración dada polo club ASESOU na organización desta última pobra. A participación de rapaces e rapazas continuou na dinámica das dúas anteriores, más de sesenta participantes co groso deles e delas nas categorías máis pequenas. Satisfacción. Esta participación mantén elevada a nosa expectativa de bo recambio xeracional no eido da escalada nos vindeiros anos. A vindeira edición gustaríanos que se manteña o nivel de participación, ou mellor, que suba en número en rapaces, rapazas e clubs.
Tamén tendes a disposición a Clasificación Xeral da Copa Galega de Escalada Base 2019. Aproveitamos para felicitar as gañadoras e gañadores deste ano, xa que é un ano onde a competencia entre rapazas e rapaces foi moi bonita e axustada. Amosando como se pode competir con ganas, pero ser un compañeiro e compañeira cando estamos de relax.
Agradecemos aos equipos de árbitros e árbitras e os equipadores o traballo feito durante todas as probas. O seu traballo e implicación son fundamentais para que as probas se desenvolvan con normalidade.
Por último, un gran recoñecemento a todas e todos os nenos que participaron nas tres probas, as nais e pais que estiveron con eles, e os delegados dos clubs na súa labor de estar pendente de todo.
Grazas a todas e todas, e vémonos na seguinte edición.
III_Proba_Ourense2019_Resultados
CLASIFICACIÓN_FINAL_DA_COPA2019