
Pódese descargar o pdf das clasificacións na copa de escalada base acadadas na proba de Vigo e A Coruña, e a clasificación xeral despois destas dúas probas.
Na proba de A Coruña, na categoría cadete na entrega de premios cometeuse un erro, pois declarouse un triplo empate no primeiro posto, e eso non aconteceu. No pdf da clasificación da proba de A Coruña pódese ver o resultado correcto.
O sábado día 15 de xuño, no Pavillón Municipal dos Remedios en Ourense, terá lugar a terceira e última proba da copa. Desta última proba sairán os campións as campioas e o club campión deste ano 2019. Animamos a animar aos xoves escaladores nesta última proba.