COMPETICIÓN AMATEUR “III Open Popular Cereza Wall 2018” Plasencia (Cáceres)

Resumen da actividade dos días 28 e 29 de abril.

Competición Amateur formato: Solo Boulder (55 problemas)

A viaxe arrancou o propio sábado 28 pola maña dende Vigo (en torno as 11:00 am) para a continuación recoller o resto do equipo na cidade de Ourense. Destacar que neste caso a expedición estaba formada polos técnificados que optan a participar no próximo Campionato Estatal Escolar que se celebrará na cidade de Santiago (Estela-Dafne-Miriam-David e Felipe), polo que non todos viaxarían nesta ocasión. De tódolos xeitos e xa a título persoal tamén se sumarían a competición Adrian, Aitana, Xavier e Mateo os cales desprazáronse xunto os seus pais a disfrutar con nos do evento.

 

Dito isto e tras recoller en Ourense o resto dos integrantes continuamos cara a Plasencia onde chegaríamos en torno as 18:45 pm pero a tempo de presenciar no propio “Cereza Wall” a IIIª Proba da Copa de España de Escalada en Bloque 2018 e concretamente a que sería a última proba da Copa da España.
Unha vez rematada a proba marchamos a cear ao “Hotel La Glorieta” situado a uns 30 minutos en coche e onde nos hospedaríamos o remate da mesma.
O día seguinte 29 de abril madrugamos sobre as 08:00 am co fin chegar o rocódromo de Plasencia en torno as 10:00 e facer oficial a nosa inscrición. Unha vez alí e tras unha introdución da organización deu lugar o inicio da competición a cal se estendería dende as 10:30 am ata as 16:30pm no caso das categorías infantil e xuvenil e de 11:00 am ata as 17:00 no caso das categorías absolutas. Destacar neste senso que todos os nosos tecnificados competían nas categorías infantís e xuvenís a excepción de Adrián Álvarez que o faría na absoluta. Durante o desenrolo do evento os nosos rapaces distribuíronse por pequenos grupos a hora de afrontar os numerosos problemas de boulder.

A xornada resultou esgotadora para todos eles tendo en conta que tan solo facían breves pausas para hidratarse e ir tomando pequenas inxestas de alimento co fin de manter os niveis de enerxía altos na medida do posible, unha experiencia practicamente similar a vivida fai pouco tempo na proba de Ponferrada, o cal facíanos presupoñer que non teríamos problemas a nivel de resistencia. Neste sentido unha vez mais cumpríronse os obxectivos xa que todos eles conseguiron manter actividade ata case pechada a competición.


Unha vez rematado o período competitivo a organización agasallou os participantes cun sorteo no cal repartiron multitude de regalos algúns dos cales foron a parar a mans dos nosos tecnificados. A continuación e xa como remate tivo lugar a entrega de premios nas diferentes categorías e desgraciadamente ningún dos nosos puido ocupar posto nos diferentes podios. O nivel da competición era moi alto e de todolos xeitos o resultado global foi moi satisfactorio.
Xa para finalizar en torno as 18:30pm tocou a despedida e de novo iniciar o retorno a casa no furgón que para esta ocasión tivo ben de arrendar a nosa Federación para cubrir o traslado da maior parte dos rapaces, a excepción claro dos que xa fixeran a viaxe cos seus proxenitores.

O ambiente durante todo o fin de semana – o igual que na viaxe de Ponferrada – foi espectacular cunha organización perfecta por parte dos directores do evento en canto a competición e tamén por suposto pola nosa, en canto a elección da ubicación da pernocta, a loxística do viaxe, a convivencia cos rapaces e xa por último a realización sen maiores incidencias da proba competitiva.

Resultados da competición


Posicions dos nos@s deportistas:

Infantil mixto: Xabier Carballo 5º  e Felipe Toro 12º.

Xuvenil feminina: Mirian Caiña 7º, Dafne Martín 8º e Estela Miles 9º.

Xuvenil masculina: David Alvarez 12º e Matero Toro 15º.

Absoluta Masculina Adrian Alvarez 8º.

Resultados moi satisfactorios tendo en conta o volumen e nivel de participación.