COMUNICADO DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO FASE I – ACTUALIZACIÓN

Como xa manifestábamos no anterior Comunicado, comezamos unha lenta volta á normalidade, a denominada “desescalada”, a nivel xeral e deportivo no noso caso particular, como sabedes Galicia e unha das comunidades españolas que entrará na totalidade do seu territorio o próximo día 11 de maio na denominada Fase I do desconfinamento gradual, supeditada, en todo momento, polo dictamen en primeiro lugar do Goberno de España e o Ministerio de Sanidade concretamente, que son os organismos competentes na materia, e en segundo lugar polo Goberno da Xunta de Galicia, unha vez poida ir reasumindo as súas competencias dentro desta volta gradual a normalidade, tendos empre en conta a excepcionalidade do complexo caso do Covid-19.

Xa vos adiantábamos en comunicacións anteriores a través da Web e Facebook, que seguimos a traballar con moitas ganas para poder voltar o antes posible a retomar a actividade deportiva, competicións, tecnificación, ensino, etc., o que temos que ter en conta sempre, e que os pasos que demos terán como primeiro obxectivo a “prática deportiva con seguridade”, dada a nosa preocupación polo tecido deportivo, os nosos deportistas e clubes.

Empezan a saír documentos  como as Recomendacións post covid 19 para Deportes de Montaña e Instalacións Deportivas feitos pola FEDME e Federacións Autonómicas de Montaña orientados a complementar a información no ámbito deportivo, documentos do Ministerio de Cultura y Deporte, Consejo Superior de Deportes, etc., continuamos a manter contactos multilaterais por vías telefónicas ou telemáticas e video conferencia coa Xunta de Galicia, as Federacións deportivas autonómicas galegas, a FEDME e as Federacións de Montañismo das CCAA.

Dende o Ministerio de Cultura e Deporte, polo momento, insístese en que “Calquera actividade permitida deberá desenvolverse en condicións de seguridade, autoprotección e distanciamento social, nos términos que se determiñen”.

Dito todo o anterior, pasamos a informar sobre a Fase I do desconfinamento no plano deportivo, e do mesmo xeito adxuntamos a Orde Ministerial publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE), día 9 de maio de 2020, onde se establecen as condicións nas que o noso colectivo federado poderá realizar actividade física, tanto no medio urbano, como no ámbito máis familiar para a maioria das nosas disciplinas o medio natural.

Os artigos máis destacados, ó noso criterio, do BOE son:

Artigo 38. Apertura de los Centros de Alto Rendimiento.

Artígo 39. Desarrollo de entrenamiento medio en Ligas Profesionales.

Artigo 41. Apertura de instalaciones deportivas al aire libre. Importante punto 6.

Na práctica deportiva para federados e necesario levar a Licencia Deportiva da Federación Galega de Montañismo do ano 2020, por si fora requerida pola autoridade competente.

A Federación seguirá informándovos como vimos facendo puntualmente das novas que nos cheguen por medio das canles oficiais, desexándovos o mellor nestes complicados momentos que esta a vivir, ata que sexan superados o antes posible.

Unha forte aperta, para todos os Montañeiros Galegos Federados e  Clubs de Montaña, dende a FEDERACION GALEGA DE MONTAÑISMO

NOVIDADES DE APLICACIÓN DENDE O LUNS 18 DE MAIO AS 00.00 HORAS

Actualización das Recomendacións da FGM na Fase I segundo a Orden Ministerial SND/414/2020 de 16 de maio

RECOMENDACIONES_COVID_19_FGM_FASEI(18 Maio)

Información do CSD para a Fase I na actividade deportiva

FAQs Deporte (Fase 1)

Boletíns Oficiais do Estado para consulta

BOE-A-2020-5088.pdf.pdf

BOE 9 de maio de 2020

BOE-A-2020-4911

Recomendacións aos deportistas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

FGM 2019