COMUNICADO DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO – FASE II

Como xa manifestábamos no anterior Comunicado, comezamos unha lenta volta á normalidade, a denominada “desescalada”, a nivel xeral e deportivo no noso caso particular, como sabedes Galicia e unha das comunidades españolas que entrará na totalidade do seu territorio o próximo día 25 de maio na denominada Fase II do desconfinamento gradual, supeditada, en todo momento, polo dictamen en primeiro lugar do Goberno de España e o Ministerio de Sanidade concretamente, que son os organismos competentes na materia, e en segundo lugar polo Goberno da Xunta de Galicia, unha vez poida ir reasumindo as súas competencias dentro desta volta gradual a normalidade, tendos empre en conta a excepcionalidade do complexo caso do Covid-19.

Xa vos adiantábamos en comunicacións anteriores a través da Web e Facebook, que seguimos a traballar con moitas ganas para poder voltar o antes posible a retomar a actividade deportiva, competicións, tecnificación, ensino, etc., o que temos que ter en conta sempre, e que os pasos que demos terán como primeiro obxectivo a “prática deportiva con seguridade”, dada a nosa preocupación polo tecido deportivo, os nosos deportistas e clubes.

Empezan a saír documentos  como as Recomendacións post covid 19 para Deportes de Montaña e Instalacións Deportivas feitos pola FEDME e Federacións Autonómicas de Montaña orientados a complementar a información no ámbito deportivo, documentos do Ministerio de Cultura y Deporte, Consejo Superior de Deportes, etc., continuamos a manter contactos multilaterais por vías telefónicas ou telemáticas e video conferencia coa Xunta de Galicia, as Federacións deportivas autonómicas galegas, a FEDME e as Federacións de Montañismo das CCAA.

Dende o Ministerio de Cultura e Deporte, polo momento, insístese en que “Calquera actividade permitida deberá desenvolverse en condicións de seguridade, autoprotección e distanciamento social, nos términos que se determiñen”.

Na práctica deportiva para federados e necesario levar a Licencia Deportiva da Federación Galega de Montañismo do ano 2020, por si fora requerida pola autoridade competente.

A Federación seguirá informándovos como vimos facendo puntualmente das novas que nos cheguen por medio das canles oficiais, desexándovos o mellor nestes complicados momentos que esta a vivir, ata que sexan superados o antes posible.

Unha forte aperta, para todos os Montañeiros Galegos Federados e  Clubs de Montaña, dende a FEDERACION GALEGA DE MONTAÑISMO

NOVIDADES DE APLICACIÓN DENDE O LUNS 25 DE MAIO AS 00.00 HORAS

RECOMENDACIONES_COVID_19_FGM_FASEII (25maio)

FAQs Deporte (Fase 2)

BOE-A-2020-5265

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

FGM 2019