
Durante o Estado de Alarma e froito da nosa preocupación polo tecido deportivo, os nosos deportistas e clubes, estamos a manter contactos multilaterais por vías telefónicas ou telemáticas e videoconferencia coa Xunta de Galicia, as Federacións deportivas autonómicas galegas, a FEDME e as Federacións de Montañismo das Comunidades Autonómicas Españolas. O ambente en determiñados momentos é de confusión dadas as características cambiantes da seria crise sanitaria que estamos a vivir, cun aluvión de información e instrucións emanadas día a día.
Comezamos unha lenta volta á normalidade, a denominada “desescalada”, a nivel xeral e deportivo no noso caso particular, supeditada en todo momento polo dictamen en primeiro lugar do Goberno de España e o Ministerio de Sanidade concretamente, e en segundo lugar polo Goberno da Xunta de Galicia, dentro das competencias que o Estado de Alarma poida otorgar a cada unha das administracións nestes momentos tan excepcionais.
Nalgunhas das reunións por vía telemática, estudamos diversos aspectos para a recuperación da actividade deportiva dun xeito paulatino e prudente.
Dende o Ministerio de Cultura e Deporte insístese en que “Calquera actividade permitida deberá desenvolverse en condicións de seguridade, autoprotección e distanciamento social, nos términos que se determinen”.
Dito todo o anterior pasamos a informar sobre a Fase 0 do desconfinamento no plano deportivo, e do mesmo xeito adxuntamos a Orde publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) hoxe, día 1 de maio de 2020,onde se establecen as condicións nas que os maiores de 14 anos poden realizar paseos e actividades físicas non profesionais ó aire libre durante a vixencia do estado de alarma.
Os artigos máis destacados, ó noso criterio, do BOE son:
Artigo 2. Desprazamentos permitidos para a práctica da actividade física.
Artígo 4. Lugares permitidos.
Artígo 5. Franxas horarias.
A Federación seguirá informándovos puntualmente das novas que nos cheguen por medio das canles oficiais, desexándovos o mellornestes complicados momentos, que esperamos sexan superados o antes posible.
Lémabrase aos e as federadas que poden facer práctica deportiva nas dúas franxas horarias sempre dentro do municipio de residencia
Adxúntase un pdf coas recomendacións para esta Fase0
BOE coa normativa de regulación da actividade física non profesional ao aire libre