COMUNICADO DO 6/02/2013

CAMPAMENTO ALTA MONTAÑA ALTO ATLAS MARROQUÍ

(Descargar en pdf )

Un ano máis entre os días 22 e 31 de marzo de 2013, terá lugar o XIV CAMPAMENTO DE ALTA MONTAÑA “ALTO ATLAS MARROQUI”. O obxetivo do presente e-mail e facervos participes dos principais aspectos organizativos da saida.
O prezo da actividade e de 290 Euros subvencionado  pola F.G.M.  e que inclue ós transportes e pernoctas en albergues e campings, e dicir o bús Vigo-Imlil-Vigo, o Ferry de Algeciras a Tánger, as mulas de porteo na subida a montaña, os albergues de Rabat e Marrakech e Camping de Asilah non inclúense os porteadores.
Como ven facéndose dende ás primeiras edicións de esta actividade o número de prazas ofertado e de 40, para todos os montañeiros federados galegos.
Dende hoxe ata ó vindeiro día 5 de marzo, os interesados en asistir o Campamento deberán abonar na conta da F.G.M. o importe integro da reserva de praza, a anotación será por riguroso orden de inscripción dos montañeiros galegos.

Itinerario: Vigo-Zamora-Salamanca-Mérida-Sevilla-Algeciras-Tánger-Kenitra-Rabat-Casablanca-Marrakech-Asni-Imlil o regreso farase polo mesmo itinerario.
Ascencións previstas: Ras Ouanoukrin Norte (4083 m.), Ras Ouanoukrin Sur (4079 m.), Timesguida (4089 m.) e Jbel Toubkal (4165 m.).
Datas: Saida de Vigo ó día 22 de marzo as 21 h. Dende o local da F.G.M. E volta o día 31 de marzo de 2013 sobre ás 18 h..
Documentación: Pasaporte e Licencia tipo B ou superior (é necesario permiso do pai o titor para os menores de 18 anos), Boletín de desprazamento da tarxeta da Seguridade Social os afiliados a ésta.
Equipaxe: Na parte superior do bús deberá levarse unha bolsa de viaxe con documentación, roupa e comida, saco e esterilla. Nos maleteiros da parte baixa ó resto do material, e decir, mochilas, tendas, piolets, crampóns e bastóns, estes tres últimos irán aparte, para poder ordenar as mochilas e demais material sin perigo de que podan sofrir danos na súa estiva.
A Federación Galega de Montañismo reservase o dereito de modificar horarios, pernoctas, ou actividades programadas de antemán, se as circunstancias así o requiren.

Sen outro particular, e poñendonos a vosa disposición para calqueira aclaración, e animándovos a participar nesta edición do Campamento de Alta Montaña no Alto Atlas unha clásica da nosa Federación, despídome con un cordial saúdo.

Adolfo Puch

 

Ouanoukrim