986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

COMUNICADO DO 20/02/2013

CALENDARIO FEDERATIVO 2013 UN COMPENDIO DE EVENTOS CARA O 50 ANIVERSARIO

Estimados amigos Presidentes dos Clubes de Montaña de Galicia:
Neste ano do 50 Aniversario da nosa Federación queremos dende estas liñas destacar unha serie de actividades e competicións do Calendario Federativo do actual ano 2013 dentro da oferta da F.G.M.

Campamento de Alta Montaña “Alto Atlas Marroquí” no macizo do Alto Atlas o sur da fermosa cidade de Marrakech entre os días 22 e 31 de marzo. Esta actividade contou o longo dos anos con moi boa acoxida dos federados galegos, e esperamos que este ano volva a ter o éxito das derradeiras edicións. Onde os participantes poderán disfrutar dun compendio extraordinario de Montaña, Deporte e Turismo no exótico marco de Marrocos.
Copa Galega de Carreiras por Montaña con 4 probas os días 7 de abril en Viveiro (Lugo), 19 de maio en Maceda (Ourense) , 22 de setembro en San Salvador de Budiño (Pontevedra) e 6 de outubro en Parada do Sil (Ourense),cada ano esta modalidade do noso montañismo cobra máis adeptos, e esperamos que sexa novamente un éxito de afluencia de corredores. Os lugares elexidos para as probas representan un amplio abano de rincóns singulares  polo séu entorno e panorámicas dentro da nosa xeografía galega.

Pola súa parte a Copa Galega de Escalada Base terá este ano dúas probas a primeira no Rocódromo de Riazor (A Coruña)  o día 8 de xuño e a segunda no Rocódromo do Pavillón das Travesas (Vigo) o 22 de xuño. A competición en 4 categorías esperamos sexa do agrado dos nosos xóvenes federados e poderán participar de 3 a 11 anos sen competición e de 12 a 19 competindo como xuveniles (2 categorías) ou juniors.
O Campionato Galego de Escalada en Bloque que terá lugar o día 15 de Xuno en A Coruña concentrará os mellores escaladores galegos do momento debaixo do Domus, o aire libre e será visible dende o Paseo de Riazor en pleno centro da cidade herculina, onde os viandantes poderán disfrutar no excepcional marco litoral das evolucións dos nosos escaladores.

Campionato de España de Carreiras por Montaña por Clubes da FEDME,  o día 6 de outubro que terá como escenario as inmediacións do extraordinario pobo ourensán de Parada do Sil (Ourense) o día 6 de outubro. A Ribeira Sacra e a súa riqueza natural e monumental, o canón, mosteiros, flora e fauna darán marco a este importante evento estatal.

Xornadas Estatais de Sendeirismo da FEDME que terán lugar por primeira vez en Galicia os días 1, 2 e 3 de novembro en Vigo. Tomarán parte en ditas xornadas Técnicos e Directivos da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada e das 17 federacións autonómicas españolas, dos entes federativos das ciudades autónomas de Ceuta y Melilla, e do mesmo modo e habitual contar con representantes das Federacións de Portugal, Andorra e Francia . A Ría de Vigo os seus miradoiros e sendeiros, serán fermosos protagonistas nesta concentración do sendeirismo español.

Como sempre o longo do ano na nosa páxina web, e mediante os e-mail remitidos dende esta Federación teredes cumprida información, tanto das Actividades Tradicionais e Copa de Andainas de 50 Km. como do amplio Calendario Didáctico que oferta a F.G.M. por medio da nosa E.G.A.M. o longo de todo o ano.
Máis información como sempre:  (www.fgmontanismo.es)

Na organización das actividades federativas  e campionatos deste ano colaboran os seguintes clubes galegos: Clube de Montaña Xistra (Vigo), Sección de Montaña  da A.D. San Roque de Viveiro (Viveiro-Lugo), Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia (Vigo), Sección de Montaña del Club Deportivo Fontiñas (Santiago de Compostela), Club Vía XVIII Maceda (Maceda-Ourense), Sociedad de Montaña Artabros (A Coruña), Club Montaña Ferrol (Ferrol), Club Montañeiros Celtas (Vigo), Running Sport Trail (Ourense), Club Alpino Ourensán (Ourense), Clube de Montaña Ribeira Sacra (Parada do Sil-Ourense), Asociación Deportivas A Forna Budiño Trail (San Salvador de Budiño-Pontevedra).

Esperamos un ano máis a participación de moitos clubes e federados galegos en actividades, competición e cursos  federativos de calqueira das nosas modalidades deportivas Sendeirismo, Escalada en Rocha, Escalada en Xeo, Escalada Deportiva, Esquí de Montaña, Barranquismo, Carreiras por Montaña.

Adolfo Puch
Presidente

 

FGM

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content