ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DA F.G.M.
O pasado día 16 de marzo de 2013 tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria onde se trataron os temas da Aprobación da Acta anterior, Memoria de Actividades do ano 2012, Peche das Contas do ano 2012, Proxecto deportivo e de xestión para o ano 2013, Orzamentos para o ano 2013 e Organización de actividades para o 2014 e Nominación do Mellor Club Galego, Propostas dos Clubes e Rogos e preguntas.
O remate da Asemblea tivo lugar a Gala de Entrega de Premios onde foron galardoados:
O Clube de Montaña Xistra (Vigo) como Mellor Club Galego por un compendio de participación en Actividades, Competición, Didáctica e expedición de licencias deportivas a nosa felicitación o club vigués que acada dito galardón por primeira vez, Sechu López Pérez pola súa ascensión o Annapurna de 8091 m., O Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia (Vigo) pola súa promoción da Licencia deportiva e ser a entidade con maior número de licencias, a Sociedad de Montaña Artabros (A Coruña) por ser a entidade galega que participou máis na organización de actividades federativas, Club Montañeiros Celtas (Vigo) pola súa participación maioritaria en Cursos da F.G.M.-E.G.A.M., a Sociedade de Montaña Artabros (A Coruña) por ser a entidade galega con maior participación na Copa Galega de Escalada en Bloque, Club Montañeiros Celtas (Vigo) pola súa participación maioritaria na Copa de Escalada Base, o Clube Running Sport Trail (Ourense) por ser o Clube con maior número de competidores na Copa Galega de Carreiras por Montaña, e o Clube de Montaña Xistra (Vigo) pola súa participación masiva na Copa de Andainas de 50 km.
Adolfo Puch
Presidente
![]() |