O ENAG concentrouse en terras aragonesas para comezar o seu Programa de Tecnificación de Alpinismo.
As malas condicións meteorolóxicas da cordilleira cantábrica fixeron que se desprazaran a Riglos, co obxectivo de eludir as tormentas pireneicas e, en canto o tempo o permitiu, ao val de Zuriza/Ansó para continuar co programa de escalada en rocha nun contorno máis alpino.
O nivel de actividade para un equipo que está comezando é de deportistas de alto nivel, realizáronse rotas de aventura e de dificuldade extrema como a Murciana ou a Superchooper ao Mallo Pisón, a Mosquitos ou El Zulú Demente na Visera, en Ansó a Arista Este ou a Estel rematando no cumio da Peña Ezkaurre (con case 1000 mts de percorrido sobre aresta) e nas paredes que contornan o río Veral escalaron a Biba Fidel no Espolón Solitario e a Karmele no Espolón del Italiano.

O día que a meteo era máis incerta aproveitarono facendo escalada deportiva no val do Roncal e despediron a semana coñecendo a escola navarra de San Fausto. Cinco deportistas, dous instructores e Victor Barro como fotógrafo/escalador, integrado totalmente co ENAG, en seis días non stop para arrincar cun programa de altas capacidades, para coñecerse máis e complementarse na procura da eficiencia e a evolución, un EQUIPO en todos os sentidos.
Parabéns pola actividade!!!
Xunta de Galicia / Deporte Galego
Colaboradores:
Fotografía: Víctor Barro FOTOSconLETRA
Mais fotos: