A Federación Galega de Montañismo convoca o Concurso de Fotografía FGM 2025-2026, co obxectivo de promover e difundir os valores do montañismo, a natureza e as actividades deportivas propias da federación.

Poderán participar todas as persoas a partir dos 14 anos de idade, federadas ou non. No caso de persoas menores de idade, a participación deberá contar coa autorización expresa da nai, pai ou tutor/a legal.

Cada participante poderá presentar un máximo de 4 fotografías. A temática deberá axustarse a unha das seguintes temáticas:

  • Paisaxes de montaña en calquera das estacións do ano.
  • Prácticas deportivas e competicións de actividades pertencentes á Federación Galega de Montañismo.

Cada fotografía deberá representar claramente unha estación do ano: Primavera – Verano – Outono – Inverno

Concederanse 4 fotografías gañadoras, unha por cada estación do ano:

  • Inverno
  • Primavera
  • Verán
  • Outono

Requisitos técnicos das imaxes

  • Resolución: 300 ppp.
  • Formato: JPG.
  • Orientación: admítense fotografías verticais e horizontais.
  • As imaxes deberán ser orixinais e non ter sido premiadas con anterioridade noutros concursos.

Cada persoa gañadora recibirá como premio:

  • 1 licenza Autonómica da Federación Galega de Montañismo (tipo FGM A)

As fotografías deberán enviarse, xunto coa documentación necesaria, por correo electrónico a fedgalmon@fedgalmon.gal e a data límite de recepción: 11 de xaneiro de 2026 (incluído).

As bases completas e o documento de cesión de dereitos podes descargalos no seguinte enlace


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade