Dende o año 2015 a Federación Galega de Montañismo ven apoiando un proxecto de rochodromo polivalente na cidade de Lugo.
A iniciativa, parteu dos Clubs de Montaña lucenses quenes trataban de satisfacer á súa demanda dunha Instalación Indoor .
O Lugar escollido para o mesmo foi o “Pazo de feiras e congresos de Lugo” instalación que cumplía os requisitos de idoneidade para a construcción dun rochodromo multifuncional.
Celebraronse o longo de estes anos una serie de reunións coas administracións implicadas no padroado do mesmo onde se foron achegando posturas e aportando os informes requeridos.
Onte día 20 de Xuño recibimos a boa nova do compromiso formal por parte da Xunta de Galicia có devandito proxecto.
A Federación Galega de Montañismo quere mostrar o seu agradecemento polo compromiso amosado pola Xunta de Galicia có proxecto do rochodromo polivalente na cidade de Lugo.
A materialización do mesmo permitirá a dinamización socioeconómica e deportiva da Cidade das murallas e a súa contorna.
Por outra banda facilitará acoller competicións de ámbito nacional e a potenciación do deporte base, deporte federado, e a práctica deportiva de colectivos con capacidades diferentes.