OBXECTO DA CONVOCATORIA: faise para dotar á Escola Galega de Alta Montaña dun número suficiente de técnicos/as de alpinismo e de barranquismo que permita a realización das accións formativas que imparte a EGAM-FGM.

PERFIL HUMANO DOS/AS ASPIRANTES: Necesitamos na EGAM persoas voluntariosas, cordiais, entusiastas, responsables, flexibles, creativas, comunicadoras, abertas, traballadoras, seguras, preparadas, organizadas, orientadoras, avaliativas, motivadoras e humildes. Non queremos só “aos mellores deportistas do mundo” porque iso a nós nos valería para case nada, queremos ás mellores persoas do mundo da montaña que queiran aportar algo ao futuro do deporte, dos/as deportistas, e dos clubs de montañismo galegos. O noso Regulamento da E.G.A.M. (R.E.G.A.M) está dispoñible na web da FGM.

SISTEMA DE ACCESO: Poderán acceder á especialidade de 3 xeitos diferentes.

  • 1- TÉCNICOS/AS FEDERATIVOS/AS (TF): Sen necesidade de titulación deportivas profesionais, e seguindo a tradición montañeira de aportar algo de ti ao resto dos barranquistas e alpinistas, a Escola Galega de Alta Montaña quere contar con todas esas persoas que estades nos clubs federados galegos, que non sodes técnicos/as deportivos titulados, e que tedes experiencia nalgunhas das nosas disciplinas deportivas, e moita vontade de colaborar na mellora do noso deporte. Os/as técnicos/as federativos/as (TF) non son profesionais dos deportes da montaña (como os Técnicos Deportivos (TD)) e só desenvolverán a súa función dentro da súa especialidade, e no eido formativo exclusivamente para deportistas ao abeiro do paraugas da Federación Galega de Montañismo, e sempre no seo de actividades oficiais.
  • 2- TÉCNICOS/AS DEPORTIVOS/AS (TD): Seguindo as titulacións deportivas estipuladas no RD 318/2000, RD 701/2019 e a Orden ECI/858/2005 todas as persoas que estean en posesión do título oficial de Técnico Deportivo de nivel 2 ou 3 nas especialidades de Alta Montaña ou de Barranquismo poderán solicitar directamente o ingreso na EGAM.
  • 3- TÉCNICOS/AS XA ACTIVOS NA EGAM: poderanse presentar a esta convocatoria tódolos técnicos/as activos/as da EGAM doutras disciplinas que así o desexen, cumprindo os requisitos previos establecidos, e tendo que superar só as probas específicas da disciplina elixida, tal como establece o noso REGAM.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: O prazo oficial remata o 22 de decembro de 2025 ás 23.59 horas.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade