A Vogalía de alpinismo de Federación Galega de Montañismo abre unha nova convocatoria para formar parte do Equipo de Novos e Novas Alpinistas Galegos/as (ENAG). A formación avanzada e a tecnificación do alpinismo, teñen que ter o seu espazo no deporte galego e, os grupos de traballo de novos deportistas, deben inserirse dentro dunha planificación elaborada para un itinerario deportivo individual co asesoramento de técnicos con experiencia e todo o apoio económico e material posibles. Atender e potenciar este deporte de características non competitivas e que, porén, se nutre das grandes xestas de exploración e aventura, razón da nosa existencia deportiva, como o están facendo a maioría das federacións autonómicas e
segundo demanda a FEDME para os seus equipos absolutos de alpinismo, tanto masculino como feminino. Con esta convocatoria do Equipo de Novos e Novas Alpinistas Galegos (ENAG) seguimos pondo a semente que nos sitúa no alpinismo deportivo de alto nivel para, a modiño, ir subindo os chanzos que nos leven polos cumios das montañas do mundo.

Se cumpres os requisitos da convocatoria, tes un ánimo de rendimento físico e técnico na práctica da escalada, esquí de montaña (ou alpino), montañismo invernal o alpinismo, se estás motivado/a e te sentes atraído/a polos deportes de montaña, só tes que enviarnos o teu currículo deportivo e participarás na selección de deportistas que constituirán o ENAG.

 CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR

  • Ter entre 18 e 30 anos e dispor da tarxeta federativa da FGM en vigor (mínimo mod. B)
  • Enviar currículo deportivo e breve currículo persoal en prazo.
  • Participar nas probas selectivas.

INSCRICIÓN
Enviar o currículo deportivo e un breve currículo persoal a alpinismo@fedgalmon.gal
O prazo para enviar currículos remata o 30 de novembro.

Tedes a información completa (condicións, prazos, incrición e probas) no PDF adxunto.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade