A Federación Galega de Montañismo (FGM) ten a ben convocar os VI PREMIOS DO ALPINISMO GALEGOco obxectivo de recoñecer e valorar as actividades feitas durante este período, ou por unha traxectoria, que vai desde os anteriores premios 2025 ata a concesión dos actuais en febreiro de 2026, concederanse 3 categorías:

                MELLOR ACTIVIDADE (no período sinalado entre xaneiro de 2025 ata decembro de 2025)

                MELLOR TRAXECTORIA (pode ser traxectoria xuvenil ou a toda unha vida)

                MELLOR PROMOCIÓN (actividades de difusión e promoción do alpinismo)

Nesta edición volvemos a desenvolver uns premios abertos á comunidade alpinistica galega: calquera persoa, club, empresa ou colectivo pode presentarse, ou presentar a outro/a que considere merecedor/a de tal recoñecemento, sen ningún compromiso, simplemente o xurado valorará a súa suxestión. Neste senso pedímosvos toda a colaboración posible!

Estes VIº Premios do Alpinismo Galego, alén dun recoñecemento público, queren pór en valor as actividades que realizan os deportistas e as deportistas galegas neste ámbito, establecer puntos de encontro do alpinismo e visibilizar este deporte, que transgrede o espazo competitivo tradicional, para adentrarse nun contorno máis particularizado onde o salientable é a extraordinaria natureza destas xestas e o mérito deportivo de alto nivel como reto persoal e humano. A aventura non se pode cuantificar pero podemos comprender a súa excelencia igualmente.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade