Copa Galega de Escalada Base 2019

A Federación Galega de Montañismo (FGM), anima a todos os xoves escaladores galegos á participación na Copa Galega de Escalada Base 2019. Esta copa está deseñada como unha actividade de promoción do deporte da escalada no ámbito competitivo en idade escolar, polo que as idades e o modo no que se pode participar son moi amplos.

As sedes da copa son tres, Vigo o 5 de maio, A Coruña o 26 de maio e Ourense o 15 de xuño. Cada sede conta cun club organizador – colaborador. Vigo, Montañeiros Celtas, A Coruña, AMI e Ourense, ASESOU. Grazas a este traballo conxunto poderemos ter probas de gran calidade. Os clubes informarán da programación que a seguer en cada proba.

A inscripción as probas debe facerse a través dun club, xa que todos os participantes deben formar parte dun equipo de club ao que representan e ter a tarxeta federativa do ano en curso.

Benvidos á  copa deste ano.

Descarga do Cartel