COMITÉ DE REGULACIÓN DA ESCALADA EN FARO BUDIÑO

— Datos Decembro 2012 —

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA DE ESCALADORES POLO COMITÉ DE ESCALADA DE FARO DE BUDIÑO.- Ver PDF 

— Datos Abril 2012 —

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA DE ESCALADORES POLO COMITÉ DE ESCALADA DE FARO DE BUDIÑO. – Ver PDF 

— Datos Decembro 2009 —

COMITÉ DE REGULACIÓN DA ESCALADA EN FARO DE BUDIÑO – Ver PDF 

— Datos Febreiro 2009 —

CONVOCATORIA DE XORNADA DE MANTEMENTO – Ver PDF 

— Datos Decembro 2008 —

1ª RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DE RECUPERACIÓN DE VÍAS ABANDONADAS DE FARO BUDIÑO – Ver PDF 
Proxecto Marea Negra – Ver PDF 
Proxecto Cicatriz – Ver PDF 

— Datos Outubro 2008 —

1ª CONVOCATORIA DE RECUPERACIÓN DE VÍAS ABANDONADAS DE FARO BUDIÑO – Ver PDF 

— Datos Febreiro 2008 —

25 de febreiro de 2008 – Nota informativa 

— Datos anteriores —

Creación e formación do Comité – Ver PDF 
Na reunión da Xunta Directiva da FGM celebrada o 2 de outubro de 2007, decidiuse a creación dun Comité de Regulación da Escalada en Faro Budiño (ver antecedentes.pdf) 
Para a creación do Comité e coa intención de acadar un amplo consenso, celbrouse unha reunión previa (que non foi de libre asistencia), que tivo lugar o xoves 25 de outubro de 2007, sendo convocados os seguintes:
– Director da EGAM e o seu Comité Técnico
– Vogal de Infraestruturas e Equipamentos de Escalada da FGM
– Un representante de cada un dos seguintes clubs: Club Montañeiros Celtas, Club Peña Trevinca – Montañeros de Galicia, Club Montaña Serra do Suído, Club Montañeiros de Pontevedra, Clube de Montaña Xistra, Clube de Montaña e Escalada Azimut, Club de Montaña Niño do Corvo, Club Alpino da Universidade de Vigo, Grupo de Montaña Alud.
– Catro representantes dos promotores da Proposta
– Escaladores invitados: Bonifacio Pedro López López “Boni”, Joaquín Carril Comesaña “Quino”, Ricardo Sande Rodríguez “Carducho”
Exerceu como coordinador da reunión o Director Técnico da FGM.

Temas a tratar: 

– Formación do Comité: membros
– Asuntos a desenvolver polo Comité
– Toma de decisións

Documentos base para esta reunión:

– Proposta dun grupo de escaladores de “Reequipación y acondicionamiento Vías clásicas Faro Budiño”, de marzo 2007.
PROPOSTA de escaladores para Vías Clásicas Budiño_marzo 2007.pdf 
– Documento coas opinións recollidas na Reunión de escaladores (motivada pola Proposta do parágrafo anterior) do 11 de maio de 2007 e anexo co Informe do Grupo de Montaña Alud (que inclúe a proposta de crear un Comité de Regulación da escalada en Faro Budiño), presentado na mencionada reunión.
Resumo-REUNIÓN escaladores de BUDIÑO, 11-05-2007.pdf 
– Proposta de Miguel Seoane de “Creación da Comisión Galega de Zonas de Escalada” enviada aos clubs de montañismo e escalada de Galicia en xullo de 2004.
Proposta de Seoane para Comisión – xullo 2004.pdf 
– Conclusións do “I Encuentro de Escaladores en los Picos de Europa”, de xullo de 2003.
CONCLUSIÓNS I Encuentro escaladores Picos Europa xullo 2003.pdf 

VOLVER