XII CAMOVI (Viveiro, Lugo)
O domingo 23 de abril tivo lugar a XII edición da CAMOVI, en Viveiro, sendo este ano a 2ª proba da Copa Xunta de Galicia de Carreiras por Montaña.
Nesta edición destacou a participación de Manuel Merillas e Oihana Cortazar.
O sábado dou comezo o reparto dos dorsais, xa que a proba comezaba as 8:00h do domingo, polo que moitos e moitas corredoras xa se acercaron a recollelo, e de paso asistir a charla coloquio que tivo lugar as 18:00 no Teatro de Viveiro, na que moitos corredores puideron facerlle preguntas a grandes corredores como Manuel Merillas, Oihana Cortazar e Verónica Bugliot.
O domingo todo comezou na hora prevista, e xa desde o principio, Manuel Merillas marcou un ritmo que lle levou a facer a proba en solitario e bater o récord da mesma en case 7 minutos. Oihana Cortazar tamén fixo una carreira espectacular, quedando en 2º lugar da xeral.
Xa falando da participación dos nosos corredores e corredoras galegos/as destacar a gran participación de corredores federados na proba.
CLASIFICACIÓNS DA PROBA
ABSOLUTA MASCULINA
- Emérito Fernández (TOXIZA CLUBE DE MONTAÑA)
- Juanjo Coello Martínez (C.D. CAMOVI)
- Rubén Díaz Franco (C.D. CAMOVI)
ABSOLUTA FEMININA
- Carla Trillo Fernández (PEÑA LAR TRAIL)
- Loreto Rodríguez Martínez (ATLETISMO BAIONA)
- Sonia Méndez Pérez (CLUB DE MONTAÑA TERRAS DE BURON)
VETERÁNS A
VETERÁNS B
VETERÁNS C
XUVENIL FEMININA
Dende a FGM damos as gracias a todos e todas as participantes que se animaron a acudir a esta 2º proba da Copa Galega, ó club organizador polo seu bo facer e por ter unha planificación de carreira espléndida e contar con un gran número de voluntarios que axudaron en todo. E agradecer ó equipo arbitral pola súa boa labor.