O pasado domingo 321 andaríns e andarinas participaron na andaina Porto do Son de 25 km. Esta Andaina, consta de 2 andainas. A andaina de trazado de 25 km é puntuable para a Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo, foi organizada polo Club de Senderismo Trabandainas en colaboración co concello do Porto do son.
Por outra banda esta andaina contou cunha clasificación de regularidade, resultados que podedes atopar no seguinte enlace:
RESULTADOS ANDAINA PORTO DO SON 16-04-2023
A clasificación feminina foi a seguinte:
- María Ríos Loira
- Josefina Maestu Almeida
- María del Carmen Lorenzo Pra
Comentar que nesta proba de regularidade non gaña o/a primeiro/a que chegue, senón os máis regulares. Regularidade que se mide por tramos, para os cales utilizouse un sistema de cronometraxe. Neste caso as dúas primeiras clasificadas, son as persoas que fixeron unha mellor regularidade dos 321 clasificados.
A clasificación masculina foi a seguinte:
- César Cubreiro Dios
- Francisco Núñez Tomé
- Carlos Rial Gerpe
Esta discorreu por sendeiros e sendas de gran interese paisaxístico e etnográfico de Porto do Son. Saiuse polo Paseo Marítimo para continuar polos sendeiros da Comunidade de Montes de Goiáns, continuouse combinando pistas da Balconada e sendeiros da Comunidade de Montes de Nebra ata chegar a Iroite e ao entorno de E.V.A. 10, para depois iniciar a baixada por sendeiros da Comunidade de Montes de Camboño, e posteriormente da Comunidade de Montes de Miñortos. No lugar de A Gafa cruzouse a estrada para acceder por sendeiros pola beira do Mar ata a chegada outra vez a Porto do Son.