Xa pasaron 20 anos dende a primeira edición desta andaina organizada polo Concello de  Entrimo. Este ano a andaina estivo incluída na  Liga Ibérica de sendeirismo FEDME e foi puntuable para a  I Liga Xunta de Galicia.

Déronse cita 163 inscritos, dos cales 112 completaron os 50 Km.  A saída  tivo lugar as 09:00h e hora límite de chegada as  21.00h.

O primeiro participante completou os 50 km en 6 horas e 52 minutos e o ultimo foi en 11 horas  e 14 minutos.

O percorrido transcorreu pola Serra de Quequas, chegando as proximidades dos Penedos de Anamao, Dolmen da Moura, Pía da Moura, O Castro dos Castelos;   todo elo dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

A camiñada discorre tamén a carón de dous ríos que atravesan o Concello de Entrimo, o Río Pacín e o Covas, deixando unhas fermosas paisaxes e fervenzas;  Pozo Caído, Área Recreativa de Pacín, Os Cirolos, Covas, A Botureira.

Agradecer ao Concello de Entrimo, ao  Sr. Alcalde Ramón Alonso López e todas as persoas que fixeron posible esta andaina, en especial Niko Estévez Rodríguez, que fixo o marcaxe dos 50 Km. Agradecer  a Protección civil polos cinco avituallamentos situados ao longo de todo o percorrido,  que non todos tiñan fácil acceso.

Para o 2024 a Andaina de Entrimo vai constar de dúas distancias: 50 Km y 25 Km.

Moitos parabéns a todos os asistentes. Vémonos na próxima “VI Andaina do Condado – Marqués de Vizhoja 2023” o día 7 de Maio.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade