Esta pasada fin de semana tivo lugar na estación de esquí e montaña de Manzaneda a segunda proba da Copa Galega de Marcha Nórdica, organizada polo club Asesou en colaboración coa Federación Galega de Montañismo.

Arredor de 40 persoas desfrutaron dun día de deporte, diversión, compañeirismo e da experiencia desta disciplina, que cada vez é máis popular en Galicia.
O día estaba nubrado e con baixas temperaturas, perfecto para facer exercicio sen suar e sen choiva.
Os asistentes desfrutaron do percorrido, do contorno e das empanadas, que case remataron.
Por último, houbo un sorteo de produtos locais, permitindo que todos os participantes os descubrisen e apreciasen a súa calidade, grazas á súa artesanía. Finalmente, queremos agradecer aos voluntarios de Asesou que se aseguraron de que todo transcorrese sen problemas e aos árbitros da Federación Galega de Montañismo que tamén dedicaron o seu tempo a axudar a promover este marabilloso deporte.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade