As 9 en punto daban saída á “VI Andaina do Condado Marqués de Vizhoja – Vila de As Neves” dende a praza do Concello de As Neves (Pontevedra), con 330 inscritos celebrada o pasado domingo 7 de Maio.

Esta andaina organizada polo Club Cornelios constaba de dúas distancias, unha curta de 15KM e outra de 25K; ambas puntuables para a 1ª Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo da FGM (Federación Galega de Montaña).

Destaca deste percorrido  a  cima do Alto San Nomedio (Coto Grande),  a 690 m de altura, que separa as parroquias das Neves de Taboexa, San Xosé de Ribarteme e San Pedro de Batalláns. Na mesma cima atoparemos a ermida de San Nomedio.

Desde aquí observaremos boa parte da extensión deste concello, así como os concellos limítrofes: Salvaterra de Miño, o val do Miño, Portugal, Ponteareas, Covelo, A Cañiza, Ponteareas.

A 5 kms do remate na parroquia de Rubiós encontramos os Muiños de Rio Xulia.

Durante a baixada disfrutouse do ultimo avituallamento no Nande Hotel da Natureza cas súas impresionantes vistas.

Na propia saída, podíamos visitar as carpas de Requeixo e Mel Condado Paradanta, Asociación Galega  Fibrosis Quística, Marqués de Vizhoja e Cerveza Artesana Curuxa.

Durante a entrega de dorsais e no momento da saída estaban presentes o Sr. Alcalde Xose Rodríguez, o Concelleiro de deporte do Concello de As Neves Óscar González, a Presidenta da FGM Josefina Maestu e varios membros do Club Marqués de Vizhoja-Cornelios.

Agradecer a todos os participantes a súa asistencia.  A todas as persoas voluntarias polo  esforzo realizado. Ao club Cornelios polo gran traballo e excelente organización e ao Concello de As Neves por todo o apoio dado.

Vémonos o próximo día 20 de Maio en Brión.

Vogalía de Sendeirismo


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade