O 19 de marzo de 2023, levouse a cabo en Oia o Campionato Galego de Clubs Xunta de Galicia de Carreiras por Montaña e o Campionato Galego Individual de Categorías Inferiores (cadete, xuvenil, júnior e promesa).

Unha carreira organizada polo Club Corneliosraider que demostraron ser un exemplo de bo organizador e bo facer, con un excelente trato ó corredor. Crearon un percorrido espectacular, tanto pola fermosura da paisaxe, como polos sendeiros técnicos e divertidos que non deixaron a ninguén con mal sabor de boca.  Unha carreira destacada polos seus 21km e 1500+.

Falemos dos resultados do Campionato Galego de Clubs:

ELES, a loita foi bonita de ver, xa que os de Toxos e Birras viñan dispostos a dalo todo para poder impoñerse o resto dos equipos, pero o gran talento do Club Castro trail, non lle permitiu alcanzar ese primeiro posto do Campionato Galego de Clubs, levándose o Club Castro trail o primeiro posto, e quedando os de Toxos e Birras nunha segunda posición, a pesar de meter a dous dos seus corredores en primeira e terceira posición do podio absoluto masculino. Non menos foron o resto dos equipos, pois todos e cada un deles mostraron firmeza no terreo e gañas de pelexar polo podio. Quedando nun terceiro lugar o Castelos trail.

Falemos xa un pouco a nivel individual dos corredores, onde debemos destacar ós cinco primeiros da proba. Nas tres primeiras posicións houbo unha gran pelexa entre Miguel Vázquez, Iago Abeledo e Marcos Naya que o deron todo e demostraron que están nun estado de forma moi alto e iso que estamos a comezos de tempada. Como cuarto temos que destacar a Manuel Gil, outros dos que sempre están aí demostrando a súa valía e quinto a Marcos Pascual.

ELAS, dende o comezo a Vértice, Mari Pombo, marcou o ritmo de carreira, a cal se lle sumaron detrás dúas Patricias que non llo poñerían nada doado. Mari Pombo logrou entrar finalmente en primeira posición, chegando moi cerquiña dela Patricia Noya, do tribu trail, e en terceiro lugar Patricia Varela. Ambas tres demostraron que teñen un nivel incrible e que lles queda moito por dar, pois as tres levan moi pouco tempo no mundo da montaña e sabemos que seguirán progresando. En cuarto lugar entrou Elena Rosell Aragón do Club Metas Imposibles Trail Team e en quinto Lugar Verónica Calvo do Club Vértice.

Por CLUB levouse o alto do podio as do CDM Vértice, en segundo lugar quedaron as do Club Metas Imposibles Trail Team e nun terceiro lugar as grandes corredoras do GTR Galaico Trail Run.

 A clasificación pos Clubs quedou do seguinte modo:

Campionato Galego Xunta de Galicia Individual de CxM de categorías inferiores

Neste mesmo día tamén se levou a cabo o Campionato Galego Individual Xunta de Galicia de categorías inferiores, cadete, xuvenil, júnior e promesas.

Os cadetes correrían unha distancia de 8 quilómetros con 580+, os xuvenís e júnior correrían un total de 12 quilómetros con 850+ e os promesas correrían a mesma distancia que os absolutos 21 quilómetros con 1500+.

Os podios quedaron do seguinte modo:

E xa para terminar, darlle os parabéns a todos/as os/as rapaces/as que participaron nas distintas probas. Agradecer a participación dos corredores/as neste Campionato Galego de Clubs. Agradecer á organización polo seu bo facer. Agradecer ó equipo arbitral pola súa boa labor. E mil grazas a todos os voluntarios, protección civil, fotógrafos e público por transmitir tantos ánimos.

Grazas dende a FGM.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade