COMUNICADO ARBITRAL

Estimados deportistas,

O pasado 25 de marzo, durante a realización da primeira proba da copa Xunta de Galicia de CxM, o equipo arbitral recibiu un gran número de queixas e comentarios de corredores que se saltaron unha parte do circuíto balizado para o efecto.

Tras unha primeira reunión na que se procedeu a valorar o sucedido, o equipo falou con corredores e procedeu a contrastar os tracks dos percorridos de deportistas que participaran no evento, comprobando que nun punto do percorrido os participantes saltáronse un bucle do circuíto acurtando varios quilómetros a proba.

Todos estes feitos foron postos en coñecemento e contrastados coa organización e dirección de carreira.

Nunha segunda reunión, na que se valoraron os feitos anteriormente descritos e as posibles actuacións respecto diso, por unanimidade decidiuse aprobar como clasificación definitiva da proba, a orde de chegada obtido no control de paso intermedio, situado no km 10 do percorrido e que estaba situado antes do cruzamento no que se producíu o incidente.

En consecuencia as clasificacións considéranse válidas para a primeira proba da copa Xunta de Galicia de CxM.


CRÓNICA 1ª PROBA COPA XUNTA DE GALICIA DE CxM “TOXIZA GRAN TRAIL 2023”

O 25 de marzo levouse a cabo a primeira proba da Copa de Galicia de carreiras por montaña no Concello de Mondoñedo (Lugo), organizada polo Club Toxiza Club de Montaña.

A proba contaba con un total de 24 km e 1400+. A carreira dou comezo as 10:30, na hora estimada, pero todo se truncou cando nunha zona do percorrido faltaban balizas e algúns dos corredores se perderon. Polo tanto unha vez chegada a meta moitos dos corredores decidiron entregar o dorsal xa que chegaban con algún metros de menos. Despois de unha reunión técnica entre o equipo arbitral decidiuse que o resultado oficial da copa se tomaría o do km 10, sendo este o primeiro control de dorsal e tempo de todos e todas as corredores/as.

Dende a FGM damos as gracias a todos e todas as participantes que se animaron a acudir a esta 1º proba da Copa Galega, o club organizador e os seus voluntarios pola súa labor e bo facer e tamén ó equipo arbitral.

Tamén pedimos desculpas polo acontecido, xa que puido ocasionar cambios nas clasificacións.


CLASIFICACIÓNS


FOTOS

Foto Ivancho López
Foto Ivancho López
Foto Ivancho López
Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade