CTE: DEMOLITON CLIMB PONFERRADA

O venres 2 de Marzo a media tarde reunimos o noso equipo de tecnificación de escalada da FGM na cidade de Ourense. Dito equipo está formado por 6 escaladoras e 6 escaladores procedentes de diferentes puntos de Galiza.

Xuntos viaxamos ata a aldea de Sobrado, próxima a Ponferrada. Aquí pernoctamos e planificamos a estratexia para afrontar a nosa primeira competición fora da terra como equipo.

As 10.30 do día 3 xa estamos no rocodromo e comezamos co quecemento para estar a punto as 11.00.

A  competición en formato maratón remata as 18.30 e os competidores teñen 23 problemas de bloque e 30 vías puntuables, según a súa dificultade.

O equipo traballa duro e sen incidencias, agás a contractura de Mirian Caiña no trapecio a media xornada que a imposibilita para seguir co bo ritmo que levaba. A altísima participación (170 inscritos) obrigaba a manter un permanente control por parte de Jose Juan e Fini, os nosos técnicos, para non saírnos do plan e acadar os mellores resultados posibles.

Sinalar tamén a ausencia categorías inferiores, de xeito que os nosos chaval@s (algúns de so 12 anos) tiveron que competir con adultos. Malia a sua xuventude e inesperiencia conven sinalar que a sua actitude foi en todo momento proactiva e valente, estando na meirande parte dos casos, moi por riba das expectativas.

Así que conven destacar o posto décimo de Dafne Martinez o undécimo de Estela Miles e o duodécimo de Aitana Rodriguez, dos clubes Asesou, Trevinca e Celtas.

Na categoría masculina destacar o papel de David Alvarez e Mateo Toro, ámbolos dous de Indoor Club de Escalada.

Esta enriquecedora experiencia nos anima a seguir traballando nesta liña, sabedores de que nun futuro inmediato dará froitos maduros e de calidade.

Por último agradecer a Sopinsa/Taladrando a súa implicación no proxecto como esponsor, aportándonos esperanza e ilusión para os vindeiros anos.