O pasado 24 de febreiro organizouse en Braga a 1º edición de “URBAN CLIMBING”.  Está nova modalidade consistíu en trepar utilizando as técnicas de escalada  polos edificios e monumentos máis famosos desta cidade portuguesa.

A actividade foi organizada pola Associaçao Deportiva de Escaladores de Braga (ADEB)  coa colaboración da Câmara Municipal de Braga e da Federaçao Portuguesa de Montanhismo e Escalada.

Esta proba era aberta a todos os escaladores que quixeran participar,  polo que houbo xente de Galicia que se animou a ir ata a cidade de Braga.

A competición constaba de 25 problemas da modalidade de escalada en bloque.  As modalidades eran xuvenis e senior, ambalas duas femininas e masculinas.

Temos que dar a nosa noraboa a Adrián Álvarez Varela que con 17 anos acadou o primero posto da categoría xuvenil masculina.

Cóntanos como disfrutou desta experiencia:

“Este sábado participei na miña primeira proba de escalada urbana. Foi unha proba espectacular na que déronos a posibilidade de escalar fachadas e monumentos do casco histórico da cidade de Braga en Portugal. Conseguín facer un primeiro posto da categoría xuvenil e fixen amizades cos nosos veciños portugueses” 

Queremos felicitar a esta gran promesa da escalada que actualemente estase formando no Centro de Tecnificación de Escalada CTE da Federación Galega de Montañismo.

¡Noraboa!

Fontes:

https://ced2018.cm-braga.pt/pt/0201/noticias/destaques/item/item-1-634

https://www.facebook.com/ADEBBraga/