O pasado sábado 7 de xuño, Cuntis foi escenario dunha das probas de sendeirismo máis completas e atractivas da tempada. Case 200 persoas participaron nesta marcha que, cun percorrido de 50 quilómetros dividido en dous aneis duns 25 km cada un, combinou natureza, patrimonio e un gran ambiente.

A pesar de que a participación foi algo inferior á esperada (unha verdadeira mágoa tendo en conta o enorme esforzo da organización), a marcha superou todas as expectativas en canto a calidade e coidado dos detalles. Os que non viñeron, perderon unha oportunidade estupenda de gozar dunha xornada única.

A sinalización do percorrido foi impecable, os avituallamentos estaban ben atendidos en todos os puntos (mesmo no último, como puido comprobar quen pechaba a marcha), e a atención ás persoas participantes foi exemplar, con asistencia mesmo nos controis finais e retirada de camiñantes con dificultades. A limpeza tamén foi un dos puntos fortes: o equipo de recollida avanzaba case a rentes do grupo de peche, deixando o monte como se nada tivese pasado.

O tempo acompañou, sen calor nin chuvia, e permitiu que se puidese gozar ao máximo dun trazado que sorprendía en cada paso: bosques de sequoias, regos e ríos con pasais, cruceiros, vellas preseiras e moitos outros puntos de interese salpicaban un itinerario moi ben deseñado. Cun perfil accesible e ben equilibrado, as subidas alternaban con longos tramos de progresión suave e baixadas prolongadas que facían máis levadeira a distancia total.

Unha marcha que deixou un moi bo sabor de boca e que agardamos ver repetir nas vindeiras edicións con maior participación, porque propostas así pagan moito a pena.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade