Curso de árbitras/os autonómicos de Carreiras por montaña 2026 | Mondariz | 13,14,15 de novembro

Cursos

A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca o Curso de Arbitraxe con HOMOLOGACIÓN INICIAL (provisional) da EEAM – FEDME, dacordo cos criterios curriculares exixidos.

DATAS E HORAS DO CURSO: 13, 14 e 15 de novembro de 2026

LUGAR: Mondariz

PRAZAS DISPOÑIBLES: Máximo 16 (prioridade para os 4 primeiros por provincia) por orde de inscrición. Mínimo 8 participantes para que se celebre o curso.

DIRIXIDO A: Deportistas federados que queiran formarse como Árbitras/os de Cxm.

REQUISITOS BÁSICOS:

  • +18 anos
  • Licencia FEDME tipo B en vigor.
  • Estudos: ESO ou superior.
  • Acreditar a participación dunha proba de CxM en liña homologada antes da finalización do curso.

CONTIDOS
Regulamento, entorno legal, comunicacións, protección do medioambiente, clasificacións, protocolos antidoping, organización de probas, marcaxe,…

CARGA LECTIVA
– 20h de formación
– Proba de avaliación
– Práctica en competición autonómica oficial

PREZO
170 euros. Inclúe tasa FEDME, material didáctico dixital e tutorización da práctica.

PREINSCRIPCIÓNS
Do 6 ao 12 de outubro de 2026 na ligazón de abaixo.

➡️ Concerto de aloxamento no Albergue Alentea (Covelo)

➡️ Se tedes dúbidas escribide a carreiras.arbitraxe@fedgalmon.gal

Agardámosvos!!!

SÓ PARA FEDERADOS/AS

BUSCA EN

Próximos eventos

Federación Galega de Montañismo

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade