Curso de Árbitros/as Autonómicos de Escalada da EGAM para o ano 2025 | Vigo | 18 e 19 de xaneiro 2025

Cursos, Novas

A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), un curso de formación e titulación para todos os/as federados/as galegos que estiveran interesados/as na labor de arbitraxe nas competicións de escalada deportiva.

Este curso contará coa homologación da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME), a través da Escuela Española de Alta Montaña (EEAM), que servirá para que no futuro calquera titulado/a neste curso poda optar ás titulacións estatais correspondentes, xa que este curso é o primeiro chanzo, de nivel autonómico.

Dende fai anos, a FEDME require para optar á titulación estatal esta titulación autonómica (coa homologación da EEAM), así como experiencia previa no eido do arbitraxe autonómico.

TITULACIÓN: “Árbitro/a Autonómico/a de Escalada Deportiva da Federación Galega de Montañismo”

OBXETIVO DO CURSO: dotar a Galicia dun cadro de árbitros/as coa formación técnica e titulación axeitada, para cubrir as necesidades de arbitraxes nas distintas probas de escalada en Galicia.

COMPETENCIAS DA TITULACIÓN: aquelas que establece no Regulamento Oficial da FGM no eido da Escalada Deportiva, nas súas distintas modalidades de escalada en bloque, dificultade e de velocidade.

PRAZAS OFERTADAS: máximo de 15 prazas presenciais, aínda que o número mínimo de alumnos/as para que se imparta o curso é de 10.

PREZO: O custe por alumno/a é de 90 € e inclúe dereitos de participación no curso, dereitos de avaliación (1 convocatoria ordinaria), documentación, titorización das prácticas e título final para aprobados/as. Non inclúe aloxamentos nin manutención.

LUGAR E DATAS: o curso organizarase o 18 e 19 de xanerio de 2025 con enderezo en Vigo na propia FGM (aínda que en función da demanda a localización do curso poderá variar e se informará a todas as persoas inscritas por E-mail).

Ábrese unha lista de garda  (no botón azul)

BUSCA EN

Próximos eventos