A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a inscripción a ao Curso de formación e titulación para todos os/as federados/as galegos que estean interesados/as na labor de aseguramento nas competicións de escalada do calendario oficial da FGM.
DATAS E HORAS DO CURSO:
Zona Sur: 13 de setembro de 9:00 a 15:00 h.
Zona Norte: 4 de outubro de 9:00 a 15:00 h.
LUGAR:
Zona Sur: Pendiente de confirmación
Zona Norte: Rocódromo Municipal de Riazor. A Coruña
PRAZAS DISPOÑIBLES: 10 por Zona.
REQUISITOS BÁSICOS: Estar en posesión da licenza federativa autonómica (ou FEDME) que cubra a práctica da escalada do ano en curso.
Ter unha idade mínima de 18 anos no momento de finalizar a práctica obrigatoria para a expedición do título. En caso de ser menor de idade no momento de realizar a solicitude de participación, esta terá que vir asinada pola/s persoa/s titoras do/da menor.
Ter 3 anos mínimo de experiencia e coñecementos de escalada deportiva (nivel mínimo de escalada en rocódromo 6a consolidado).
OBXECTIVOS DO CURSO: dotar a Galicia dun cadro de aseguradores/as adscritos á FGM coa capacitación técnica e titulación axeitada, para cubrir as necesidades de aseguramento nas distintas probas de escalada en Galicia.
PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).
PREZO:
50€ /Zona
SÓ PARA FEDERADOS/AS
