Curso de Escalada en Vías Desequipadas de Un ou Varios Longos (EN4) | Galiñeiro | 21 e 22 de xuño 2025

Cursos

A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a inscripción a ao Curso de Escalada en Vías Desequipadas de Un ou Varios Longos – Autoprotección, que equivale a un nivel E.N4 da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)

DATAS E HORAS DO CURSO: Sábado 21/Xuño e Domingo 22/Xuño de 10h a 18h cun total de 16h de curso.

LUGAR: Zonas de escalada da Serra do Galiñeiro e Faro Budiño (Pontevedra). A data e o lugar poderá sufrir variacións motivadas axeitadamente.

PRAZAS DISPOÑIBLES: 6.

REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso).

OBXECTIVOS DO CURSO: Aportar ao alumnado os contidos necesarios para que poda desenvolverse con autonomía e seguridade en vías desequipadas (autoprotección) de un ou varios longos.

CONTIDOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS: Equipo de Protección Individual e material mínimo necesario / Principios xerais de física aplicada avanzada / Colocación e extracción dos ancoraxes móbiles/flotantes / Mosquetoneo de corda, segundo o tipo / Aseguramento / Dinámica de cordada / Montaxe de xuntanzas (simples ou complexas) sobre anclaxes móbiles e flotantes / Abandono / Descenso en rápel, encadenamento de rápeles / Medioambente / Elección de itinerarios (información e dificultades) e Planificación detallada dunha actividade.

RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 3 alumnos/as (ata un máximo de 6); o mínimo de alumnos/as será de 3 persoas.

PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).

PREZO E SISTEMA DE PAGO: O prezo do curso é de 200€, a pagar con tarxeta bancaria na web da Federación Galega de Montañismo.

BUSCA EN

Próximos eventos

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade