Curso de Escalada en Vías Equipadas de Varios Longos (N2) | Galiñeiro | 24 e 25 de maio 2025

Cursos

A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a inscripción a ao curso de Escalada en Vías Equipadas de Varios Longos , que equivale a un nivel N2 da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)

DATAS E HORAS DO CURSO: Sábado 24/Maio e Domingo 25/Maio de 09.30h a 18.00h (aprox).

LUGAR: Zona de escalada do Galiñeiro (Concello de Gondomar, Pontevedra). A data e o lugar poderá sufrir variacións motivadas axeitadamente.

PRAZAS DISPOÑIBLES: 6.

REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso) e ter as capacidades físico/técnicas axeitadas para o desenrolo da actividade.

OBXECTIVOS DO CURSO: A finalidade do curso é a de coñecer a técnica e táctica da progresión en parede e utilizar o material necesario para a progresión en vías equipadas de varios longos.

CONTIDOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS: Equipo e material necesario / Nós avanzados / Técnicas de aseguramento / Principios xerais de física aplicada / Montaxe de reunións sobre ancoraxes fixos / Técnica de progresión en parede – dinámica de cordada / Descenso en rápel − abandono / Interpretación de croquis e gradacións / Planificación da actividade e Xestión do risco

RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 3 alumnos/as (ata un máximo de 6); o mínimo de alumnos/as será de 3 persoas.

PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).

PREZO E SISTEMA DE PAGO: O prezo do curso é de 200€, a pagar con tarxeta bancaria na web da Federación Galega de Montañismo. 

BUSCA EN

Próximos eventos

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade