SÓ FEDERADOS
NOME DO CURSO: Curso de Iniciación á Escalada en Xeo (A.3)
ESTANDAR EEAM: O curso equivale a un nivel 1 de Escalada en Xeo (EX.1.), da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada
DATAS DO CURSO: 7 e 8 de febreiro 2026.
LUGAR:Zona Norte o Centro Peninsular.
OBXECTIVOS DO CURSO: Que o alumno/a sexa quen de realizar con seguridade e autonomía ascensións de fervenzas de xeo e/ou pas de neve/xeo de inclinación igual ou superior aos 60º, e terreo mixto clásico, coñecer técnicas de seguridade (riscos e perigos), analizar os tipos de xeo e interpretar estruturas, así como identificar itinerarios que sexan axeitados ao seu nivel técnico.
REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso, acompañado dun adulto maior de idade titor, e ter a licenza federativa correspondente en vigor que cubra as actividades a realizar.
EXPERIENCIA DEPORTIVA: O curso está dirixido a deportistas que ou ben xa participaron no curso de iniciación aos corredores de neve e xeo (Alpinismo N2) ou que xa practican alpinismo e/ou escalada con manexo de corda de xeito autónomo, e desexen progresar tecnicamente cara a escalada en xeo para poder desenvolver actividades máis esixentes con seguridade. Nas persoas participantes é necesario coñecemento e saber desenvolverse en terreo invernal con crampóns e piolets, autodetencións, seguros de neve, coñecer e practicar a escalada con seguros e reunións flotantes, manexo de corda dobre, rapel, tendo practicado como primeiro de corda -e asegurando- en vías de Vº grado.
PREZO: 320 €
