A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a inscripción a ao curso de Iniciación á Escalada en Rocha Sur, que equivale a un nivel 1 de Escalada (E1), da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada.
DATAS E HORAS DO CURSO: Sábado 26/Abril e domingo 27/Abril de 10 a 18h, cun total de 16h de curso.
LUGAR: Galiñeiro (Concello de Gondomar, Pontevedra). A data e o lugar poderá sufrir variacións motivadas axeitadamente.
REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso e ter capacidades físico/técnicas axeitadas para a actividade a desenrolar.
OBXECTIVOS DO CURSO: Que o alumno/a adquira as técnicas básicas de seguridade e progresión da escalada en rocha dotándoo de coñecementos que lle garantan a seguridade no desenvolvemento da súa actividade.
CONTIDOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS: Coñecementos do material básico de escalada en rocha / Nós / Técnicas de descolgue / Cadea dinámica de seguridade e desenvolvemento dunha ascensión / Aseguramento de primeiro de corda, en ioio, e aseguramento dinámico / Medio ambiente / Elección de itinerarios (información e dificultades) / Material técnico de seguridade / Aseguramento.
RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 6 alumnos/as (ata un máximo de 12); o mínimo de alumnos/as será de 5 persoas.
PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).
PREZO E SISTEMA DE PAGO: O prezo do curso para federados/as en montañismo (tipo B) é de 130 € e pagarase coa tarxeta bancaria; para persoas non federadas haberá que sumar o seguro de 7€/dia (14€ os 2 dias), Total, 144€.
LICENZA FEDERATIVA: O curso está aberto para persoas federadas (mínimo a licenza “tipo B”), e non federadas.