Curso de Iniciación á Marcha Nórdica (MN1) | 10 de maio 2025

Cursos

A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, a inscripción a ao Curso de Iniciación á Marcha Nórdica, que equivale a un nivel 1N da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)

DATAS E HORAS DO CURSO: Sábado 10/Maio de 10.00h a 19.00h.

LUGAR: Illa das Esculturas en Pontevedra. A data e o lugar poderá sufrir variacións motivadas axeitadamente.

PRAZAS DISPONIBLES: 12

REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso) e ter as capacidades físico/técnicas axeitadas para o desenrolo do curso.

EXPERIENCIA DEPORTIVA: Os/as participantes non teñen porque ter feito nunca marcha nórdica.

OBXECTIVOS DO CURSO: Que o alumno/a adquira as técnicas básicas de seguridade e progresión da marcha nórdica, dotándoo de coñecementos que lle garantan o percorrido por itinerarios sinxelos.

CONTIDOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS: Coñecementos dos beneficios desta actividade / datos históricos / equipamento e material básico / alimentación e hidratación / nocións elementais de orientación somera / posición e progresión segundo técnica diagonal básica / técnicas de progresión segundo o tipo de terreo / planificación de actividades (incluíndo seguridade, méteo, mapa da zona,…) / quecemento e volta á calma / ritmo e desenvolvemento unha actividade / Medio ambiente

RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 12 alumnos/as (ata un máximo de 12); o mínimo de alumnos/as será de 7 persoas.

PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).

PREZO E SISTEMA DE PAGO: O prezo do curso para federados/as en montañismo (tipo A) é de 60€ e pagarase coa tarxeta bancaria; para persoas non federadas haberá que sumar o seguro de 7€ diario.

O curso está aberto para persoas federadas e non federadas

BUSCA EN

Próximos eventos

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade