Curso de Iniciación a Orientación en Lugo

O pasado domingo na Aula de natureza O Veral, celebrouse un curso de iniciación a Orientación promovido pola Escola Galega de Alta Montaña (EGAM).

O curso pemitíu os participantes, 18 persoas vidas dende toda Galicia, coñecer mais sobre o compas e o seu manexo, as informacions contadas nos mapas cartográficos, o trazado de rumbos, etc. en definitiva, gañar máis seguridade e independencia nas suas saídas a montaña.

Pola maña impartiuse o contido teórico na aula e pola tarde os cursillistas fiseron unha saída no entorno para poñer en práctica os contidos aprendidos.

Esta formación encádrase dentro dun amplio calendario que todos os federados temos dispoñible. A EGAM encargouse da formación xerando independencia e seguridade nos deportistas.

Queremos suxerirvos que non deixedes de formaros e que esta clase de cursos sexan o comezo dunha continuidade nas diferentes disciplinas que forman o montañismo (tecnificación deportiva, barrancos, escalada, montaña invernal, etc.)

¡Non deixedes nunca de querer aprender!