Curso de Iniciación ao Alpinismo | Ubiña León | Do 6 ao 8 de febreiro

Cursos

SÓ FEDERADOS

NOME DO CURSO: Curso de Iniciación ao Alpinismo (A1)​

ESTANDAR EEAM: O curso equivale a un nivel 1 de Alpinismo (A1), da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada

DATAS E HORAS DO CURSO: 6, 7 e 8 de febreiro 2026

LUGAR:Macizo de Ubiña, Torrebarrio (León).

OBXECTIVOS DO CURSO: Que o alumno/a adquira os coñecementos técnicos e tácticos propios das actividades invernais de dificultade moderada, que requiran incluso o manexo ocasional de corda, para desenvolver a actividade de forma autónoma e segura, así como identificar rutas de montaña que sexan asequibles ao seu nivel técnico, e vivaqueo.

REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso), e ter a licenza federativa FEDME en vigor que cubra montañismo invernal e alpinismo (Tipo B).

EXPERIENCIA DEPORTIVA:Os/as participantes, ou ben xa participaron no curso de Montañismo Invernal N2B, ou ben antes de ir ao curso xa teñen experiencia elemental no montañismo invernal obrigatoriamente con piolet e crampóns e autodetención por itinerarios de dificultade baixa a moderada, en neve e sobre pequenos resaltes de xeo/rocha (50º – III+) e somero manexo de cordas e nós.

TARIFA: 235€

 

BUSCA EN

Próximos eventos

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade