SÓ FEDERADOS
NOME DO CURSO: Curso de Iniciación ao Esquí de Montaña (EM1)
ESTANDAR EEAM: O curso equivale a un nivel 1 de Montañismo, da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada
DATAS E HORAS DO CURSO: 31 de xaneiro parte teórica, 7 e 8 de febreiro parte práctica.
LUGAR: Contorna da Estación de Esquí San Isidro en León, Circular fontes de Inverno, Pena Requijines e Ausente, Pena do Vento, etc.
OBXECTIVOS DO CURSO: Realizar percorridos básicos con esquís de travesía con autonomía e seguridade.
- Coñecer en profundidade o material de progresión e seguridade propios do esquí de montaña.
- Partindo dun nivel medio de esquí alpino, mellorar as técnicas de descenso en terreo de neve non tratada de pouca dificultade.
- Coñecer as técnicas de ascenso con esquí de montaña e as transicións.
- Coñecer as técnicas de seguridade en alta montaña invernal e os protocolos de búsqueda de vítimas de avalanchas.
REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso), e ter a licenza federativa con cobertura en territorio nacional en vigor que cubra montañismo invernal e alpinismo (Tipo FEDME B ou FGM C).
EXPERIENCIA DEPORTIVA: Os/as participantes deberan contar cun nivel azul/vermello (C-D en pista) asentado de esquí alpino (en pista), dominando o viraxe en paralelo. Aconsellase experiencia previa en manexo básico de piolet e crampóns.
PREZO: 235 €
