SÓ FEDERADOS
NOME DO CURSO: Curso de Iniciación ao Montañismo Invernal (M2B)
ESTANDAR EEAM: O curso equivale a un nivel 2B de Montañismo, da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada
DATAS E HORAS DO CURSO: 7 e 8 de febreiro 2026
LUGAR: Peña Ubiña (León)
OBXECTIVOS DO CURSO: Que o alumno/a sexa quen de realizar con seguridade ascensións e itinerarios en montaña en condicións invernais, con pendentes xeadas de ata 35º dun xeito autónomo e seguro, así como identificar rutas de montaña que sexan asumibles ao seu nivel técnico.
REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso), e ter a licenza federativa FEDME en vigor que cubra montañismo invernal (Tipo B).
EXPERIENCIA DEPORTIVA: Os/as participantes ou xa participaron no curso de Montañismo Estival N1, ou antes de ir ao curso, xa teñen que camiñar con autonomía e seguridade fóra de sendeiros balizados pola montaña estival, en total autonomía para poder superar incluso un itinerario MIDE 3435 (+info https://montanasegura.com/el-mide )
TARIFA: 130 €
